As redeiras federadas fórmanse en sustentabilidade e reciclaxe

1606409199_redeirasdntro

Preto dunha vintena de redeiras galegas están a formarse estes días en materia de reciclaxe e sustentabilidade a través dun curso de formación que se imparte en Malpica de Bergantiños, na cidade da Coruña. A acción formativa conta cunha axuda económica da Deputación Provincial de A Coruña no marco do programa Foenaa 2020.



Deste xeito, as profesionais están a recibir nocións en materia de reutilización dos materiais habituais cos que traballan co obxectivo de darlles unha segunda vida ao tempo que apostan pola economía azul ao aproveitar refugallos e material sobrante dos seus traballos.



Concretamente, un dos aspectos nos que están a traballar é na reutilización de redes recicladas para darlles un segundo uso, centrándose en produtos de artesanía, bolsos, sillas etc.



A actualización e adquisición destes coñecementos permitiralles ás redeiras diversificar a súa actividade profesional abríndolles o abano de posibilidades de traballos a realizar, o que contribuirá a incrementar a súa produtividade e a rendibilidade da súa profesión.



Durante estes días, están a participar neste curso de reciclaxe redeiras procedentes de Cariño, Cedeira, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Portosín e Porto do Son.



Accións coma esta están a contribuír a mellorar o contorno socio-laboral destas profesionais, ao tempo que favorecen a dignificación da profesión e activan a economía local e fomentan a economía sustentable na provincia da Coruña.