Continuamos en las redes

continuamos-nas-redes_1

Xornadas de informática e novas tecnoloxías para redeiras

Xurdido dun convenio de colaboración entre a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar e a Federación de Redeiras Artesás O Peirao, este programa consiste nunhas xornadas sobre informática, internet e comunicacións electrónicas, co fin de que as mulleres se adapten aos novos tempos e afiancen os seus coñecementos informáticos e sobre internet.

O convenio asinado entre a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar e a Federación de Redeiras Artesás O Peirao permitiulle a esta entidade efectuar oito xornadas formativas sobre informática e internet que se distribuíron temporal e territorialmente do seguinte xeito:

  • Cangas (Casa de Oficios Lorenzo Corbacho): 26 e 27 de xullo de 2019.
  • Cariño (Local Social do Concello de Cariño) : 3 e 4 de setembro.
  • Porto do Son (Casa da Cultura de Porto do Son: 20 e 27 de setembro.
  • Malpica (Casa do Oleiro de Buño): 28 de setembro e o 5 de outubro.


Obxectivos acadados

  • Adquirir e reforzar os coñecementos informáticos e de internet das nosas asociadas.
  • Novas oportunidades formativas como modelo de empoderamento.
  • Mellora da xestión de negocio e do status socio-laboral.
  • Promoción dunha formación permanente e continua do sector das redeiras.
  • Fomentar o asociacionismo e a inclusión social de mulleres redeiras.