Artes

Palangre

Son aparellos formados por cabo de fibra dos que saen os anzois. Distínguense varios grosores segundo a profundidade a que vaian pescar:

  • Palangre de fondo

    Pesca pescada, bertorella, mero, congro, dourada, ...

  • Palangre de superficie

    Pesca peixe espada, marraxos e atún

  • Palangrillo

    Pesca ollomol, abadexo, dentóns, rodaballos, ...

Liña

Está formada por un cabo principal que se chama sedela. Vai unida a varios anzois e un chumbo para asegurar a inmersión dos anzois.

Nasas

As nasas son artes de fondo feitas de madeira ou aceiro e rede que serve para pescar crustáceos, nécoras,langosta ,polbo,etc. Teñen dúas aberturas ou bocas con forma de funil co fin de que entre o crustáceo e impedindo a saída.

Artes de enmalle

Están formadas por dúas trallas ou relingas, unha superior provista de flotadores, para que queden na superficie, e outra inferior lastrada con chumbos para que quede apoiada no fondo que van unidas por un ou varios panos. As capturas quedan enmalladas no medio das dúas trallas.

Artes de enmalle fixas

  • Rascos

    Ten un só pano que pode ser de fío, tanza ou nailon segundo o que vaia a pescar. Pode ser langosta, centola, ..., ou peixes.

  • Volantas

    Ten un só pano de rede que cala no fondo e pesca pescada, sarda, xurelo, panchos, ...

  • Betas

    É coma a volanta pero en dimensións máis pequenas. Pesca fanecas, sargos, meigas, ...

  • Trasmallos

    Está formada por tres panos de rede que van armados en conxunto sobre dúas trallas, a superior con flotadores e a inferior con chumbo. Pesca nécoras, maragotas, pintos, ...

  • Miños

    É moi semellante o trasmallo, só cambia a dimensión e o material dos panos. Pesca a máis profundidades. Pesca peixes planos como o linguado, raia,etc. e marisco.

Artes de enmalle a deriva

  • Xeito

    Está formada por dúas trallas, unha con flotadores e outra lastrada con chumbo e un só pano que pesca boquerón, xurelo e sardiña. É un arte moi restrinxida.

Artes de arrastre

Son aparellos remolcados feitos con forma cónica, unido na parte de atrás por un cope pechado onde queda o peixe capturado. Segundo a as especies a capturar podemos ter:

  • Artes de arrastre de fondo

    Pescan linguado, rodaballo, rape, raia, ...

  • Artes de arrastre de fondo de gran abertura vertical

    Pescan lura, pescada, pota, ...

  • Artes de pesca de profundidade regulable

    Pesca arenque, sardiña, pescada, ...

Artes de cerco

Está formada por rede e dúas trallas, unha con flotadores para que quede na superficie e outra con chumbos, para que se somerxa. Como o seu nome indica rodea e cerca o peixe pechándose pola parte inferior dando lugar a unha a un embolsamento.

Pesca principalmente, xurelo, sardiña,xarda e cabalou.