A Asociación Profesional de Redeiras de Cariño naceu en 2003 e está integrada na actualidade por 21 socias, de entre 36 e 65 anos.
Curso de confección e reparación de diversas artes de pesca
Este programa de formación profesional contribuirá a dinamizar o emprego da zona norte da provincia de A Coruña favorecendo a adopción de novas competencias profesionais a un colectivo de mulleres en risco de exclusión social, ben porque non poden acceder á titulación oficial xa que non reúnen algún dos requisitos necesarios, como pode ser contar co certificado de Educación Secundaria Obrigatoria, ou ben porque non se poden desprazar ata as localidades onde a Administración convoca a formación regrada.
Ler máisVer todas as noticias de Cariño
As nosas artes
Artes menores
Volantas, rascos, miños etc.
Cerco
Coñeza o noso oficio
Visitas
Propoñemos ao público coñecer o traballo, oficio, cultura e tradición das redeiras.
Non dubides en contactarnos para informar das datas, horarios e tarifas das visitas.