A Asociación de Redeiras O Fieital de Malpica creouse en xaneiro do 2004 —a consecuencia do accidente que provocou o petroleiro Prestige en Galicia— con 5 socias que traballaban nas artes de cerco no porto.

Posteriormente, no mes de maio, contactouse con outras redeiras que traballaban no palangre e artes de enmalle nas súas casas para que se integraran na asociación. Así incrementouse o número de socias a 16. Posteriormente déuselles cabida a mulleres que traballaban como colaboradoras para os seus barcos.

A día de hoxe a nosa asociación está formada por 28 socias.

As nosas artes

Todo tipo de artes de pesca

Coñeza o noso oficio

Visitas

Recibimos grupos de turistas, escolares e particulares para que poidan coñecer as nosas técnicas de traballo.

Creacións artesas

Sempre fixemos creacións artesans relacionadas coas nosas técnicas de traballo: bolsos, carteiras, cadros de nós mariños etc. Primeiro, por paixón polo que facemos, e tamén co obxectivo de reaproveitar redes que xa non se usan para a pesca.

Reciclaxe

Ao traballar co mar somos conscientes da importancia de protexer o medio que nos fai vivir, a nós e ós pescadores. Por iso, tratamos de recuperar ao máximo as redes usadas para renovalas, darlles outro uso ou reciclalas nas nosas creacións artesáns.