O Peirao
Federación Galega de Redeiras Artesás

Asociarse para dignificar a profesión e sacar ás profesionais redeiras da situación de case invisibilidade na que atopábanse.

2002

A finais do ano 2002, desde a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos empezaron a establecerse contactos coas redeiras das diferentes localidades costeiras galegas.

2003

O 30 de outubro celebráse en Santiago de Compostela o II Encontro de Redeiras.
Todas as profesionais alí reunidas intercambianse experiencias e planifican xuntas a forma de logralos.
Como froito dos continuos contactos, reunións e viaxes conxuntos das diferentes asociacións, comezouse a contemplar a posibilidade de crear unha Federación con todas as asociacións existentes en Galicia.

2004

O 1º de novembro, tras a celebración do III Encontro de Redeiras o día anterior, realízanse as eleccións para a constitución do Consello Rector, formado finalmente por cinco mulleres redeiras de diferentes portos galegos.

A partir de entón comeza unha nova etapa no colectivo de redeiras galegas, porque estas cinco mulleres e todas ás que representan loitarán xuntas.

Os nosos obxectivos

  • Regular a nivel nacional a profesión de confección e mantemento de redes e aparellos de pesca.
  • Colaboración entre distintas Asociacións.
  • Loitar contra o intrusismo laboral.
  • Visibilizar o traballo das redeiras galegas a nivel nacional.
  • Mellorar as condicións económicas e laborais das redeiras galegas.
  • Garantir o relevo xeracional
  • Buscar novas alternativas de emprego para as redeiras galegas.
  • Mellorar as infraestruturas portuarias que utilizan as redeiras galegas.
  • Fomentar a prevención de riscos laborais derivados do seu traballo.
  • Lograr o recoñecemento das continxencias profesionais derivadas do traballo de redeiras.
  • Eliminar a fenda salarial existente entre os distintos subsectores adicados á confección e conservación de redes e aparellos de pesca.

Os nosos logros

  • Compromiso do Congreso do Diputados e do Parlamento de Galicia para mellorar as condicións socio-laborais das redeiras.
  • Compromiso das administracións competentes para a posta en marcha dun programa específico de inspección laboral para as redeiras galegas.
  • Denuncia da situación laboral das redeiras ante o Parlamento Europeo.
  • Mellora da capacitación profesional sectorial e empresarial das redeiras galegas.
  • Creación dunha cooperativa de redeiras.
  • Promoción do asociacionismo entre o colectivo de redeiras. incluiso de outras comunidades autonomas (Pais Vasco, Asturias).
  • Formación para complementar e mellorar as nosas posibilidades de traballo e ser máis competentes.
  • Organización e participación en diversos congresos.
  • Participación en feiras e eventos relacionados co sector.
  • Implantación a nivel nacional dun certificado de profesionalidade “Confección e Montaxe de Artes e Aparellos”, que recoñece a profesión de redeira para que as novas xeración poidan aprender o oficio e teñan un título, como en calquera outra profesión.
  • Obteción dun documento oficial, a Acreditación Profesional, para que as persoas que temos experiencia, sexa recoñecida a nosa capacidade e coñecementos para exercer a profesión.
  • Colaboración co ISSGA (Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral), para mellorar as condicións de traballo das redeiras e previr enfermidades derivados do traballo.
  • Poder diversificar a nosa actividade, para complementar os nosos ingresos e períodos de inactividade.

Consello rector

  • Presidenta
    Dona Verónica Veres Tasende
  • Vicepresidenta
    Dona Rosa Isabel Rodríguez Vidal
  • Secretaria
    Dona María Jesús Otero Suárez
  • Tesoureira
    Dona Rocío Fernández González
  • Vogal
    Dona Margarita Inés Vázquez García

Estatutos

Pode descargar os estatutos da Federación Galega de Redeiras no seguinte ligazón.

Estatutos

Documentos de interese