Continuamos nas redes

Xornadas de informática e novas tecnoloxías para redeiras

Surxido dun convenio de colaboración entre a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar e a Federación de Redeiras Artesás O Peirao, este programa consistente nunhas xornadas sobre informática, internet e comunicacións electrónicas , co fin de que as mulleres se adapten os novos tempos e afiancen os seus coñecementos informáticos e sobre internet.

Ler máis

Curso de confección e reparación de diversas artes de pesca

12 de xuño ao 12 de outubro de 2017

Este programa de formación profesional contribuirá a dinamizar o emprego da zona norte da provincia de A Coruña favorecendo a adopción de novas competencias profesionais a un colectivo de mulleres en risco de exclusión social, ben porque non poden acceder á titulación oficial xa que non reúnen algún dos requisitos necesarios, como pode ser contar co certificado de Educación Secundaria Obrigatoria ou ben porque non se poden desprazar ata as localidades onde a Administración convoca a formación regrada.

Ler máis