Actuar, para existir e mellorar
A razón de ser de O Peirao es a de dar a coñecer o oficio de redeira e de mellorar este oficio en todos os seus aspectos: condicións de traballo, saude, salarios, cobertura social, relacións co entorno e impacto sobre o medio ambiente, ...
Para ello, desenvolvemos de forma regular proxectos enfocados a que se coñeza o noso oficio e obter esas melloras.
Redeiras no Camiño
Xornada de encontro con senderismo, cultura e gastronomía
Nesta xornada organizada arredor do tema do Camiño de Santiago e da cultura e gastronomía galega puideron xuntarse máis de 70 persoas, na súa gran maioría mulleres, procedentes das asociacións que conforman O Peirao, máis tamén xente do sector pesqueiro vasco e cántabro.
Ler máisRedeiras nas redes
O Peirao súbese ao tren das novas tecnoloxías e das redes sociais
Financiado pola Consellería do Mar, a iniciativa inclúe a presenza da Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao en Facebook, LinkedIn e Youtube.
Ler máis