A Asociación de Redeiras Illa da Estrela de Corme está constituída desde o ano 2009.
É unha asociación sen ánimo de lucro, con 17 socias de procedencia familiar do mar e autónomas, segundo o réxime especial do mar.
As nosas artes
Cerco
Artes menores
Miño, volanta, beta etc.
Palangre
Coñeza o noso oficio
Obradoiros
Realizamos obradoiros de descubrimento e aprendizaxe, tanto en colexios como na nosa caseta.
Creacións artesas
Desde o 2012 compaxinamos a nosa actividade de redeiras coa creación de produtos artesanais, con marca de artesanía de Galicia.
Nestes complementos de moda utilizamos as técnicas, fíos e redes que reciclamos, e con outros materiais facemos bolsos, carteiras, agullas, colares etc.
Podes ver os nosos produtos na nosa conta de Instagram.
Reciclaxe
Co obxectivo de reducir o impacto medio-ambiental da pesca en xeral e do noso sector en especial, levamos moitos anos renovando antigas redes ou reciclándoas nas nosas creacións artesanais.