A nosa asociación nace no ano 2019 co fin de darnos a coñecer, mellorar as nosas condicións laborais e loitar polos nosos dereitos. Está formada por 14 mulleres con idades comprendidas entre os 30 e os 60 anos e a nosa labor consiste en reparar e construír aparellos do cerco.
Cando un barco chega a terra coa rede rota é cando entra a nosa labor, poñémonos a traballar arreo para que o barco poida volver saír ao mar ese mesmo día. É un oficio que amamos e que levamos gravado na nosa pel e que esperamos que cada día se de a coñecer un pouco máis.
As nosas artes
Cerco
Portosin (1)