Redeiras no Camiño
Xornada de encontro con senderismo, cultura e gastronomía
O 29 de xuño realizouse unha xuntanza de 70 persoas, na súa gran maioría mulleres, procedentes das asociacións que conforman O Peirao, máis tamén xente do sector pesqueiro vasco e cántabro, para acometer o último tramo do Camiño de Santiago desde o Monte do Gozo ata a Plaza do Obradoiro.
Contamos coa prensenza institucional da Directora de Turismo de Galicia, Dona Mª Nava Castro Domínguez; a Secretaria Xeral de Igualdade, Dona Susana López Abella; e a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Dona Susana Rodríguez Carballo.
Tras a súa chegada á Praza do Obradoiro, as asistentes visitaron a Catedral de Santiago de Compostela e asistiron aos servicios relixiosos (Misa do Peregrino en San Martín Pinario), seguido dunha visita aos museos catedralicios.
A continuación fixeron un percorrido polo casco histórico da cidade para coñecer e explorar os monumentos, a historia e a cultura dunha das ciudades de peregrinación máis importantes do mundo.
Unha vez finalizada a visita aos principais monumentos e lugares simbólicos da ciudade, as participantes reuníronse nun hotel e participaron nunha charla sobre o Camiño de Santiago e cubriron cuestionarios, onde expuseron as súas experiencias individuais e colectivas entorno ao Camiño e as súas aportacións históricas, culturais, medioambientais. Tamén fixeron un coloquio sobre saúde socio laboral, e finalizouse a xornada cunha degustación da gastronomia galega.
Obxetivos
- Promover o dialogo sobre o Camiño de Santiago.
- Dar voz as experiencias que xurden ao longo do Camiño.
- Destacar a riqueza cultural, natural e humana do Camino de Santiago.
- Promover o patrimonio cultural Xacobeo.
- Potenciar o desenvolvemento económico local (gastronomía, reserva de espazos, guías, etc).
- Promover o empoderamento das mulleres do rural e a sua participación na vida social e económica .
- Promocionar Galicia como destino cultural e turístico.
- Fomentar o intercambio cultural.