Actualízase o convenio de colaboración con ABANCA Mar

C

A presidenta da Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao, María Jesús González, e o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, asinaron a renovación do acordo de colaboración que veñen mantendo as dúas entidades nos últimos anos.

A través deste acordo, ABANCA garante o asesoramento especializado para as redeiras e un catálogo de produtos financeiros con condicións vantaxosas para axudar a preservar a longo prazo a actividade artesanal, a través do acceso a crédito. Ademais, integra o plan Emprendedores e Profesionais, unha solución pensada para complementar a xubilación das persoas autónomas. As asociadas poderán acceder tamén ao Programa Servizos ABANCA, con beneficios como o aforro no pagamento de servizos bancarios habituais.

O encontro serviu tamén para intercambiar experiencias sobre a situación actual do sector e explorar novas vías de colaboración.