Eleccións en O Peirao

15252762_1321319151231765_8451598274718107543_o

O tempo da actual directiva da Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao está próximo a terminar e, con tal motivo, convócanse eleccións para conformar un novo comité director. 

Os cargos a elixir son: presidenta, vicepresidenta, secretaria, tesoureira e vocal.


Hora e lugar

Sábado 27 de xuño, a partir das 10 da mañá, no hotel Congreso, en Santiago de Compostela. 


Procedemento

A votación farase de xeito presencial. Deberán votar tres persoas de cada asociación, das que dúas deben ser parte da directiva desa asociación e outra é de libre designación pola propia asociación. Todas as persoas que votan son elixibles.


Nova directiva

A nova conformación anunciarase en canto se peche a participación e se efectúe o reconto dos votos. A duración do mandato dos cargos electos é de dous anos