Encontros interxeracionais de redeiras: parladoiros sobre a muda xeracional e o asociacionismo
O sábado 21 de outubro A Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao organiza unha xornada de tarde que quere facer un percorrido polo traballo de redeiras.
Baixo o título 'Encontros interxeracionais de redeiras: parladoiros sobre a muda xeracional e o asociacionismo', esta xuntanza busca favorecer o diálogo entre o pasado e o futuro da profesión a través da participación das asociacións do Peirao.
Repasarase como era o traballo de redeira nas décadas previas ao movemento asociacionista, para explicar a situación actual e, así, poder definir os retos de futuro. Unha radiografía do oficio para que as persoas que elixan esta profesión coñezan tanto de onde ven como o que se pode esperar dela.
Os Encontros celebraranse a partir das 16 horas no hotel María Pita da Coruña.
Esta acción está financiada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, no marco das Axudas de fomento do asociacionismo.