'Eu son redeira' percorre a xeografía galega
Remata a tempada de verán e, con ela, o percorrido do stand 'Eu son redeira'. Esta caseta informativa aproveitou os meses de estío para visitar distintas localidades da costa galega, con motivo de festas patronais, celebracións, probas deportivas e outras ocasións nas que se aproveitou a concentración de xente para difundir as características do oficio de redeira e os seus retos.
A difusión da iniciativa foi responsabilidade de compañeiras das distintas asociacións que compoñen O Peirao.
A acción foi posible grazas ás axudas recibidas por parte da Deputación da Coruña no marco dos programas FOIO0A/2023, de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento en políticas de xénero no ano 2023, e FOIO0B/2023, de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o investimento de políticas de xénero no ano 2023.