Nova directiva de O Peirao

directiva 27062020
directiva 27062020

A Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao renovou a súa directiva, tras do período habitual de dous anos. O proceso de elección realizouse o sábado 27 no hotel Congreso de Santiago de Compostela, ao que acudiron para votar tres representantes de cada asociación das que compoñen a Federación. 


A xornada transcorreu de xeito áxil e, contra o mediodía, fíxose oficial o resultado das votacións, coa seguinte distribución de cargos:

- Presidenta: Verónica Veres

- Vicepresidenta: Rosa Rodríguez

- Secretaria: María Jesús Otero

- Tesoureira: Rocío Fernández

- Vogal: Margarita Inés Vázquez


A meirande parte das representantes repetiron cargo, agás Margarita Inés Vázquez, quen entrou en substitución de Benigna Rey.


Como vogais suplentes foron elixidas Pilar Nogueira, María Teresa Amarelle, María Jesús Otero González e Rosa María Pardo.


A actual directiva desenvolverá o seu mandato durante os próximos dous anos. As principais liñas de actuación seguirán no traballo efectuado ata o momento a favor do recoñecemento das enfermidades profesionais, a petición do adianto na idade de xubilación e a inclusión na Lei de Pesca do colectivo.