O Peirao renova a súa xunta directiva por outros dous anos
O sábado 11 de xuño celebrouse xornada de eleccións na Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao. A votación realizouse ante 18 redeiras representantes das asociacións membros da organización, ademais de estar presentes outras 11 redeiras e unha técnica da federación, e saldouse coa renovación do actual consello reitor.
Presidenta: Verónica Veres Tasende
Vicepresidenta: Rosa Isabel Rodríguez Vidal
Secretaria: María Jesús Otero Suárez
Tesoureira: Rocío Fernández González
Vogal: Inés Vázquez García
Quedaron ademais elexidas como vogais suplentes María Teresa Santos Amarelle, María Dolores Alonso Sieira, María Jesús Otero González, Pilar Nogueira González e Isabel Domínguez Mouzo.
A duración dos mandatos das xuntas da Federación están establecidos en dous anos, despois dos cales convócanse novamente eleccións. Para este periodo, o principal reto da xunta é completar a inclusión das redeiras na Lei de Pesca, que está ás portas da tramitación parlamentaria. Nesta proposta de lei contémplase, despois de moitos anos de loita, o recoñecemento do coeficiente redutor para o colectivo de redeiras. O actual consello reclama que esta medida teña custo cero para as traballadoras e efecto retroactivo.