Redeiras tras das redes
O Peirao pon en marcha unha nova iniciativa durante os meses de xullo e agosto de 2020 para dar a coñecer a realidade detrás da federación.
"Redeiras tras das redes" quere introducir ás persoas que compoñen o colectivo, as súas historias persoais e as súas preocupacións. O obxectivo é lograr que a xente se aproxime con maior profundidade tanto aos aspectos positivos como ás dificultades deste oficio, e comprenda as reivindicacións que habitualmente se destacan desde a federación.
A iniciativa toma a forma dun reto, coa presidenta Verónica Veres iniciando unha cadea de vídeos a través dos que cada redeira introduce o seu caso e nomina a dúas compañeiras para que conten a súa realidade e visibilicen, así, ás redeiras que se atopan tras das redes sociais de O Peirao.