Renovada a directiva do Peirao

01
A asamblea extraordinaria de 2026 da Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao elixiu dar continuidade á actual directiva para o período 2026-2028.

A través do voto de representantes das sete asociacións membro, renovouse no cargo á presidenta, María Jesús González González, da asociación Atalaia de Baixo Miño-A Guarda, así como a Rosa Isabel Rodríguez Vidal, de Illa da Estrela de Corme, como vicepresidenta; María Jesús Otero Suárez, de O Fieital en Malpica, como secretaria; María del Pilar Nogueira González, da asociación O Cerco, de Cangas, como tesoureira; e Rosa María Pardo Campaña, de Portosín, como vogal.

O consello reitor asume así un novo mandato, no que desenvolver as liñas de traballo apuntadas ao longo destes dous anos pasados para traballar pola dignificación do colectivo e a busca de novas vías para garantir o futuro da profesión.