Saberes no Camiño
O 4 e 5 de setembro en Ribadeo e o 25 e 26 do mesmo mes, en Santiago de Compostela, as redeiras do norte de España celebran dúas xuntanzas na iniciativa 'Saberes no Camiño'.
Durante estas xornadas, as redeiras realizarán varios tramos do Camiño de Santiago, con motivo do Xacobeo 2021-2022, aproveitando para recoñecer non só a propia ruta senón tamén os saberes e culturas que se foron artellando arredor dela.
Así, asociacións de País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia compartirán as súas experiencias e debatirán sobre problemas do sector e reclamacións comúns, como a necesidade de que se lles recoñeza o coeficiente redutor ou a inclusión do colectivo na Lei de Pesca.
Esta acción está enmarcada no programa Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia.