Reedítase o catálogo da exposición 'Redeiras, unha profesión con historia'
O catálogo da exposición 'Redeiras, unha profesión con historia' sae de novo da imprenta. Tras dunha primeira edición, esgotada tras do paso da mostra por distintas localidades nos últimos dous anos, volverá a estar a disposición das persoas interesadas en coñecer máis sobre o oficio de redeiras.
O manual recolle unha selección das imaxes que compoñen a mostra e serve como percorrido, actual e histórico, polo traballo e as figuras destas profesionais e dos seus aparellos, así como reivindicación dun oficio que non tivo visibilidade nin recoñecemento oficial ata a aprobación da actual Lei de Pesca.
A mostra que lle da nome chegou a un gran número de localidades galegas ao longo dos últimos dous anos. Vigo, Santiago, Malpica, Cangas, A Guarda, Ribadavia ou Taboada son algunhas das paradas da exposición, que serviu para achegar este traballo ao público en xeral, ademais de a colectivos como colexios ou asociacións.
Pódese acceder ao catálogo premendo aquí.