A Federación desprázase a Marrocos nunha nova misión comercial
A Federación de
Redeiras Artesás O Peirao ten como parte dos seus obxectivos o tecido de redes,
locais, nacionais e internacionais, que permitan establecer relacións de
traballo e de amizade con entidades afíns. Con este motivo, O Peirao sae
novamente do país para realizar unha misión comercial a Marrocos.
Unha delegación de
12 representantes da Federación visita 15 e 16 de abril a localidade de Rabat.
Na axenda da viaxe hai diversas reunións con organizacións e empresas do sector
marítimo-pesqueiro de ámbito local e rexional.
Mediante estas
reunións quérese promover novos contactos cun país no que a pesca é o 2,5% do
PIB anual e que é un dos principais produtores do continente africano no sector.
A viaxe prodúcese
poucos meses despois da misión comercial a Portugal, onde O Peirao puido
visitar a empresa de fabricación de redes e aparellos marinos
Cadilhe&Santos.